Oportunidade de negocios na Federación Rusa

Publicado el por N.B. / EMPRESA GALEGA (autor)

Localizacion(es): Galicia

 (photo: )

Coa presenza do señor Alexander I. Kuznetsov, embaixador da Federación Rusa en España e do señor Aleksey Semenovick Rubinchik xefe da delegación comercial de Rusia en España, tivo lugar unha cornada con empresarios da Galiza, no salón da Confederación de Empresarios de Galicia. 

A Rede Galega de Empresas, que participou na xornada, quere destacar as referencia do señor embaixador e do xefe da delegación comercial feitas aos sectores económicos galegos e as oportunidades de participar e cooperar na economía da Federación Rusa. En concreto as referencia foron feitas a sectores da Construción Naval galega, -exemplo, Navantia-, así como ao sector pesqueiro e turístico. Para o embaixador Galiza, oferta un turismo de calidade, que nada ten a ver co do sur de España e que para a emerxente clase media é atractivo. Sectores que para o señor embaixador teñen campo de actuación na economía Rusa. Tamén teñen posibilidad e sectores das pequenas e medianas empresas, e en concreto agroalimentar- entres eles o vitivinicola- que ten ao día de hoxe grande presenta de Francia e Chile. Falaron os representantes da embaixada de que Galiza; as empresas, así como, os sectores institucionais, deben manter os contactos directos cos diferentes gobernos e autonomías, que forman parte da Federación Rusa, xa que aquí onde as necesidade de cooperación económica ofrecen mellores perspectivas, para países e zonas como Galiza, ao ser as zonas menos sometidas a competitividade comercial, como é o caso da cidade de Mosco. Por último destacar o respectuoso comportamento dos representantes Ruso, para co noso idioma, que ao ser perguntados en galego, por algúns dos participantes, amosaron a comprensión do mesmo.

www.empresagalega.com