Emprendimentos no Brasil

Publicado el por N.B. / EMPRESA GALEGA (autor)

Localizacion(es): Sumaré, Limeira, Indaiatuba, Galicia, Sao Paulo, Campinas

Unha representación da Rede Galega de Empresas, acaba de rematar unha intensa axenda por Brasil, con encontros de múltiples sectores nas cidades,São Paulo, Campinas, Sumaré, Indaiatuba e Limeira.

Nesta axenda, de multiples encontros os proxectos acordados foron de plena satisfacción para os empresarios participantes, tanto do Brasil como da Galiza. Destacando dos mesmos os seguintes proxectos:

a) No relacionado cos empreendimento na área construtiva asináronse protocolos de intervención en diferentes áreas das cidades de Sumaré, Campinas e Indaiatuba, así como nas áreas de Rossi e Engetop na Nova Veneza. Acadando máis de 175 mil metros cadrados para construír.
Realizouse tamén unha visita a unha área de 1.900.000m2 en Itatiba. Todas estes proxectos serán realizados en parcería con propietarios do predios.

b) Na reunión mantida con representantes Cotia Trading, analizouse e traballouse na liña da exportación de produtos agroalimentares, así como nos relacionados cos sectores de maquinas para obras e agro.

c) No encontro cos responsables de Cyrino & Cyrino Engenharia, tratáronse cuestión de proxectos de servizos de enxeñeria eléctrica e hidráulica, como a homologación de dispositivos para a economía de enerxía.

d) As cuestión tratadas cos representantes do grupo Sinerelli Logística e con Náutica Lorena, baseáronse nas patentes e equipos de Universidade de Sâo Paulo- Campus Lorena. Na compra e aluguer de grúas e camións,nos proxectos aprobados de portos e estaleiros, na importación de produtos alimenticios, así como nun proxecto de estrada na Bolivia.

O Brasil é un país emerxente nestes intres, con un grande desenvolvemento económico, é con unha clara tendencia a recibir participación empresarial de fóra, sempre que a mesma serva para o desenvolvemento da súa economía e redunde no benestar da súa poboación.

Os emprendedores interesados en participar ou recibir colaboración para achegarse aos mercado do Brasil,pódense por en contacto con nós para recibir a información que precisen ou de estar interesados, en participar en algún dos proxectos que estamos desenvolvendo. Hoxe a Rede, conta tamén con representación na cidade de Campinas que abarca todo o entorno de Sâo Paulo.

www.empresagalega.com